
Unha obra monumental que recolle nun total de 674 páxinas, con 250 mapas de distribución, 110 mapas de nomes vernáculos e 270 fotografías, o exhaustivo traballo de investigación sobre a avifauna de A Limia realizado por Antonio Villarino, Serafín González e Felipe Bárcena entre 1975 e 2017.
Para as 264 especies de aves rexistradas, preséntase a súa distribución (estival, invernal e nos pasos migratorios) nas 416 cuadrículas UTM de 1x1 km estudadas, baseándose para iso nos case 23.000 rexistros non repetitivos de presencia de especies por cuadrícula.
Ademais, preséntanse tamén a distribución dos nomes vernáculos das especies de aves, a partires dos resultados das enquisas feitas a un total de 180 persoas dos 78 núcleos de poboación da zona de estudo.
Herdeira do espírito solidario de "Antela, a memoria asolagada", que contribuiu á edición desta nova publicación, os beneficios derivados da venda de "Aves da Limia" adicaranse íntegramente á conservación e recuperación de ecosistemas acuáticos e forestais na Limia que está a desenvolver SGHN-Sección Antela, na Veiga de Vilaseca, na Veiga de Gomareite e os que se poñan en marcha no futuro.
INSTRUCIÓNS PARA MERCAR "AVES DA LIMIA I E II"
Datos para a transferencia:
- TITULAR DA CONTA BANCARIA: Centro de Estudios da Limia
- IBAN: ES40 2080 0450 8130 4004 2995
- IMPORTE: 63 euros (60 euros polos libros + 3 euros de gastos de envío)
- CONCEPTO: O teu nome seguido de "Aves da Limia"
Para recibir o libro na casa, envia un correo electrónico a avesdalimia@antela.org cos seguintes datos:
- Nome e apelidos:
- DNI:
- Enderezo postal:
- Correo electrónico:
- Teléfono:
- Xustificante da transferencia bancaria.
GRAZAS POR COLABORAR NA RECUPERACIÓN AMBIENTAL DE LIMIA-ANTELA |